O 12 de marzo chega ás librarías a nova novela de María Solar en galego orixinal e máis na tradución da autora ao castelán.“As malas ideas” será editada en galego por Edicións Xerais, mentras que a edición en castelán é da editorial Contraluz, ambas as dúas do grupo Anaya.
“As malas ideas” é unha novela de personaxes rotundos que transita entre o drama e o humor para reflexionar sobre o éxito e o que permanece co paso dos anos. Unha historia sobre o caos e a orde, donde volver a empezar é unha lei da natureza.
Elías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Merceditas, unha rabuda octoxenaria; a Irene, unha atractiva e enigmática veciña; a Ana, unha muller migrante sen papeis, e aos membros furiosos dunha rondalla que o perseguen.
Todo se converte nun delirio, mentres o seu mundo laboral e persoal cae no caos. E Merceditas parece ter as claves do que sucede.
