O venres 13 de marzo, un día despois do seu lanzamento en galego e castelán “As malas ideas” terán a súa primeira presentación en Santiago. Será no café Airas Nunez ás 20h e a autora estará acompañada polo Director de Edicións Xerais, Fran Alonso, a libreira e escritora, Mercedes Corbillón e a actriz Mela Casal. A coñecida actriz, recoñecida co Mestre Mateo de Honra, fará unha lectura dramatizada da obra.
Un serán fantástico para estrear esta nova obra de María Solar, ao que estades todos convidados.
Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense ou Bueu son algunha das citas por diante en Galicia, amáis das citas en Madrid, nun calendario que aínda se está a conformar para presentar a novela nas dúas linguas.
