O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición que distinguen a excelencia nas persoas e entidades galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior. Os premios desta edición nas distintas categorías recaen en: María Solar, Almudena Fernández Fariña, Elefante Elegante, Asociación Galega de Empresas Musicais, Alfonso Zarauza, Espazo Lectura, Obradoiro de Gaitas Seivane e o Festival EmigraSON.
O xurado destaca a María Solar como unha das voces máis salientables da literatura galega contemporánea e unha das xornalistas culturais de maior proxección en Galicia. A súa traxectoria profesional combina a comunicación e a creación literaria, dous ámbitos nos que alcanzou un amplo recoñecemento
