25 Novembro, 2026 msolar

MARÍA SOLAR PARTICIPA NA FIL DE GUADALAJARA EN MÉXICO


A Feira Internacional do Libro de Guadalajara en Jalisco, México, cumpre 40 anos nesta edición. Neste tempo logrou converterse no encontro cultural sobre o libro máis importante de Latinoamérica. Este ano o país invitado é Italia. María Solar participa na feira cunha ampla axenda de actos de la FIL, da Xunta de Galicia e de editoriais como Contraluz, Hachette ou Kalalandraka.

Participará en mesas como: “Literatura en todos os sentidos. A que cheiran as palabras?” xunto á autora italiana Desy Icardi. Ou a mesa: “Mulleres rebeldes con causa” xunto a Nerea Pallares e María Lado. Asinará libros na caseta de Kalandraka, presentará en Mexico a súa última novela, “Las malas ideas” acompañada por Arturo Lezcano, ou en conversacións sobre literatura infantil ou sobre o libro “Os nenos da varíola”