A morte dun ancián cunha mensaxe na súa man, «Dime que me queres», destapa unha pasional historia de amor que nunca terminou. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes de aprobarse a lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello secreto e pola necesidade de cambiar as súas vidas.
Persoas que dominan ou que son dominadas, rutinas que matan o amor, infidelidades que ven a luz, adolescentes que descobren o sexo e a traizón… Unha novela de sentimentos que envolve ao lector nas súas páxinas e que lle leva a coñecer personaxes inmersos nunha época, non tan afastada, na que vivir sen ataduras era unha tarefa pendente.
Unha novela coral que nos leva a través da vida de tres xeracións para demostrar que non hai idade para o amor, e que cando as cousas non cambian pola nosa vontade, algo insospeitado pode facelas cambiar. Para sempre.
PRESENTACIÓN POR MARÍA SOLAR
“Unha historia de amor que incendia todos os misterios.”
“A María Solar hai que lela coa mirada curva de quen asiste a unha revelación. Da súa escritura rítmica saen lecturas sinceras, historias con acento propio que fan tremer os cimentos do cotián.”
revista Leer para contarlo.
“As horas roubadas é, ante todo, unha novela de emocións: das que nos (con)moven por dentro, das que nos revolven, das que provocan que reformulemos o propio camiño, das que cuestionan que parte do noso pasado podemos superar …”
Faro de Vigo.
“As horas roubadas ten unha expresión concisa, medida con equilibrio e precisión (…) Pero esa aparente sinxeleza acaba por levarnos ao interior dunha análise fondísima de personaxes, situacións e sentimentos de grande complexidade.”
“Poderían subliñarse frases e frases, parágrafos enteiros, e neses fragmentos cabería toda a filosofía dunha vida e toda a forza dunha historia.”
Culturagalega.org
“Unhas páxinas repletas de sentimentos que levarán ao lector a coñecer a uns personaxes inmersos nunha época onde vivir sen limitacións era unha tarefa pendente.”
Libros de Arena RNE
- Entrevista SER Madrid Oeste con Victor Guillén
- Reseña Blog “Palabras da man ao corazón”
- Reseña Blog “Los libros y yo”
- Entrevista Radio Galega, programa “Galicia por Diante”
- Revista Leer para contarlo
- Entrevista programa Zigzag TVG
- Entrevista en El sábado Libro de Miguel Giráldez en Radio Obradoiro
- Eldiario.es
- Crítica de Manrique Fernández en Comarcas na Rede
- Reseña do dramaturgo Afonso Becerra
- Entrevista en A revista da TVG
- Crítica en Faro de Vigo de Montse Pena Presas
- Entrevista en Tempo de Lecer
- Reseña en Tempo de Lecer
- La Linterna da COPE (23:53)
- Entrevista en La tarde en Euskadi de Onda Vasca
- Entrevista en Diario de Sevilla (PDF)
- Entrevista en Málaga Hoy (PDF)
- Entrevista en Granada Hoy (PDF)
- Entrevista en Iflandia con Kike Martín en Radio Euskadi
- Entrevista con Susana Santaolalla en Libros de Arena de RNE
- Reseña de “As horas roubadas” no suplemento cultural “Fugas” de La Voz de Galicia
- Entrevista no Diario Cultural da Radio Galega
- Reseña no Caderno da Crítica de Ramón Nicolás
- Blog Lecturafilia
- Entrevista en A Tarde da Radio Galega (dende minuto 43:15)
- Entrevista en El Cultural de Canarias
- Reseña de Marta Dacosta en Valminor.info
- Entrevista en El Nervión de Bilbao (páxina 20)
- Entrevista en Madrid Hoy de Onda Madrid
- Reseña Revista Coolt
- Entrevista de Manuel Pedraz para “Historias de papel” de RNE Andalucía
- Reseña no blog Los Libros de Dána
- Reseña no blog de Luis Fraga: 5 razóns para ler As horas roubadas
- Entrevista de Manuel Sollo no programa Biblioteca Pública de RNE
- Reseña de Lorena Dominguez en Culturagalega.org
- Critica en Librújula
- Entrevista en El Correo Gallego
- Entrevista Revista Introversión
- Entrevista en Con Voz de Domingo, Radio Voz, con Eva Millán (dende minuto 41:50)
- Entrevista en Diario de Pontevedra
EDICIÓNS XERAIS
“AS HORAS ROUBADAS”
2016
María Solar
Edicións: 7
84-912-1016-4
978-84-912-1016-0
Galego
“LAS HORAS ROBADAS”
2016
María Solar
978-84-253-5403-8
Español
“SKRADZIONE GODZINY”
2017
María Solar
978-83-657-4059-5
Polaco