"Esta edición de “Choven palabras no futuro” conmemora as vodas de prata da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. GALIX"

Esta edición de Choven palabras no futuro conmemora as vodas de prata da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. GALIX
Nesta publicación atóparás un mollo de contos e de poemas e de textos literarios do máis diferentes que, convenientemente abeirados ás ilustracións, chegarán ata os corazóns dos que, aínda que pequenos, xa saben que nos libros e na literatura se agocha unha fonte moi grande de pracer.
Na publicación participaron 25 autoras e autores galegos relevantes do xénero como Marilar Aleixandre, An Alfaya, Xoán Babarro, Concha Blanco, Marica Campo, Maria Canosa, Paula Carballeira, Pepe Carballude, Fina Casalderrey, Yolanda Castaño, Ledicia Costas, Anxo Fariña, Ana Mª Fernández Martínez, Agustín Fernández Paz, Antonio Manuel Fraga Allegue, Antonio García Teijeiro, Xosé Neira Vilas, David Otero, Xosé A. Perozo, Antonio Reigosa, María Reimóndez, María Solar, Miguel Vazquez Freire e Helena Villar Janeiro.
A obra contou ademáis coa contribución de ilustradores galegos tales como Óscar Villán, Antonio Seijas, Xosé Tomás, Marifé Quesada, Xosé Cobas, Manuel Uhía e David Pintor.

Gálix/Xunta de Galicia
Choven palabras no futuro

  2014
 María Solar e outros
  Varios
  Ediciones: 1
. Galego

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies