"Un libro escrito e pandemia colaborativamente entre María Solar, Fran Alonso e Ledicia Costas"
“Contaxio” é un conto colaborativo creado por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, que comeza cunha elegante e sutil ilustración do pintor Leandro Lamas.
“Contaxio” é unha viaxe polo dicionario no que descubrimos como sente a palabra “ contaxio” e imos coñecendo a súa relación con outras palabras como “ medo”, “ inxustiza” ou “pobreza”, pero tamén as oportunidades que lle brindarán “ vacina”, “medicina” ou “investigación”.
Promovido por UNICEF, naceu durante o confinamento, en apoio os nenos tras o peche dos centros educativos derivado da emerxencia sanitaria pola COVID-19 que supuxo para eles unha situación de incerteza e a perda de contacto cos seus amigos.
Antes de editarse en papel en 2021, o conto viu a luz en forma de colaboración entre a literatura e as artes escénicas, cun audiovisual no que un amplo elenco de actores e actrices galegos poñían voz a “Contaxio”. Nesa iniciativa audiovisual, baixo a coordinación da actriz Lucía Regueiro e realización de Lucía Rodriguez, participou un elenco conformado por: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez.
Agora “Contaxio” está en papel e distribuíuse amplamente polos colexios galegos.
UNICEF
CONTAXIO
María Solar, Fran Alonso e Ledicia Costas.
Ilustrador: Leandro Lamas
Edicións: 1
Galego