"Manuel estaba enfermo, tiña febre e seu pai chamou ao veterinario. Na súa pequena vila non había médico, pero o veterinario receitoulle un xarope para cans que tamén lle ía moi ben aos nenos. Sería polo xarope, ou sería pola febre, o caso é que Manuel non paraba de soñar e soñar. Mesmo tiña soños dentro dos soños. Así coñeceu a un vendedor de olores de recordos; a unha repartidora de bicos para que os que dormen poidan soñar cos bicos que houbo na súa vida; un bar cheo de mentireiros; un extraterrestre moi preguntón que se movía polos sumidoiros para ir a calquera parte do planeta; e a Alicia, unha nena que non era como parecía…Todo se complicou cando o seu irmán xemelgo atopou ao extraterrestre no mundo real, e seu pai marchou ao bar das mentiras dos seus soños… Oh!! Agora si que se armou unha boa lea. Manuel tiña que resolver aquela confusión e só Alicia sabía como facelo."
“Carroll, Rodari, Eco. Revisitar a estes tres grandes autores indirectamente e lendo un libro de literatura galega é un auténtico luxo e, sobre todo, unha verdadeira alegría.”
Revista dixital de literatura infantil e xuvenil “Criaturas”
“Un libro intelixente, enxeñoso, divertido, crítico que atesoura unha dose enorme de literatura.”
“Tenrura, humor e ciencia únense no relato, a pinceladas sobre o paro, a explotación infantil ou a morte, ademais dunha curiosa homenaxe a Ana María Matute.”
“Realidade e ficción con moito humor e sentimiento.”
“O meu pesadelo favorito” unha obra para non deixar de soñar.
“Premiado co prestixioso premio Lazarillo, sen dúbida é un premio ben merecido para un dos libros infantís que máis dará que falar no presente curso editorial.”
Sermos Galiza.
“Un relato moi ameno e ben construído que entronca cunha rica tradición literaria á que aporta a súa propia orixinalidade.”
Revista CLIJ.
“Amosa algúns dos esteos -ironía, limpeza no discurso expresivo, suxestión crítica, sentido do humor, querencia polo mundo científico, cuestionamento de diversos roles, realidades vistas desde outro prisma- que María Solar vén utilizando na conformación dun corpus narrativo de inexcusable interese para a literatura infantil e xuvenil.”
blog “Caderno da crítica”.
- Reportaxe en La Pequeteca de Radio Nacional de España
- Reseña de Escribientes.com
- Reportaxe en Diario Información
- Protagonista de El guateque de la Inter de Claudio de Miguel
- Entrevista en Diario de Sevilla
- Entrevista en Onda Madrid. Programa Hoy Madrid
- Entrevista en Diario de Pontevedra
- Entrevista en Biblioteca Pública de RNE dirixida por Manuel Sollo
- Entrevista en El Cultural
- Entrevista contraportada de Diario de Levante
- Entrevista en La Vanguardia
- Entrevista Top Cultural
- Reportaxe TVE Internacional
- Entrevista en Vozpópuli
- Entrevista no Zigzag Diario da TVG
- Entrevista na Tarde da Radio Galega
- Entrevista na Revista da TVG
- Reportaxe no Galicia Noticas Serán da TVG
- Crítica na revista dixital de literatura infantil e xuvenil “Criaturas” por Montse Pena Presas
- Crítica no blog “Versos e aloumiños” do escritor Antonio García Teijeiro
- Crítica de Ramón Nicolás no blog “Caderno da crítica”
- Reseña no suplemento cultural “Fugas” do xornal La Voz de Galicia
- Reseña no suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia
- Crónica de J.M. Plaza no xornal El Mundo
- Revista El Templo de las milpuertas
- Reseña en Lecturafilia
2015 María Solar
María Lires
Edicións: 4
978-84-9865-588-9
Galego
EDITORIAL SIRUELA
“MI PESADILLA FAVORITA”
2015 María Solar
María Lires
Edicións: 2
978-84-16396-16-0
978-84-16396-74-0 (Kindle)
Español
Mercedes Pacheco
EDICIONS BROMERA
“EL MEU MALSON FAVORIT”
2015 María Solar
Josep Giró
Edicións: 2
978-84-9026-534-5
Català
Josep Franco
GIUNTI EDITORE
“IL MIO INCUBO PREFERITO”
2020 María Solar
Laura Proietti
Edicións: 1
9788809843684
Italiano
Alessandra Benabbi