"Melchor Sabichón preséntase ao concurso «Na busca do neno máis listo» pero, malia ter preparado moitos e moi sesudos temas, non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés. O protagonista atopará nun libro todo canto necesita saber sobre esas extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr, o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as unllas ou as pegadas que deixamos…"

“Teño uns pés perfectos” é un libro dentro doutro libro, cunha parte de creación literaria e outra informativa, diferenciadas na obra impresa pola cor do papel. Os lectores acompañarán a Melchor no seu descubrimento de todo canto precisa aprender sobre os pés para -cos coñecementos adquiridos- presentarse ao concurso, tendo chegado á conclusión de que ás veces o inmediato pásanos máis desapercibido.

As ilustracións de Gusti reflicten tamén esa dualidade: escenas cotiás de Melchor no apartado narrativo; formas icónicas e esquemáticas no plano científico. En conxunto, texto e imaxes están cargados de humor.

 

PRÓXIMAMENTE EN CHINÉS

“Cando Melchor Sabichón descobre que o tema que lle tocou para o concurso “Na busca do neno máis listo” son “os pés” casi sofre un colapso. Menos mal que súa nai o tranquiliza e lle entrega un apaixoante manual sobre estos descoñecidos do corpo humano. O primeiro é descalzarnos e observar, tes un pé grego ou exipcio?, por que ás veces cheiran a queixo?, canto medran as unllas? Curiosidades que o lector aprenderá neste libro mentres se pregunta se Melchor será capaz de superar a proba contra os seus intelixentes competidores.”

Recomendación de El Cultural de El Mundo.

KALANDRAKA
“TEÑO UNS PÉS PERFECTOS”

  2015
 María Solar
  Gusti
  Edicións: 2
978-84-8464-974-8
Galego

KALANDRAKA
“TENGO UNOS PIES PERFECTOS”

  2015
 María Solar
  Gusti
  Edicións: 1
  978-84-8464-976-2
  Español

KALANDRAKA
“TINC UNS PEUS PERFECTES”
  2017
 María Solar
  Gusti
  Edicións: 1
  978-84-168-0420-7
Català
  Pau Joan Hernàndez

ADARNA
“WALA KAYO SA PAA KO!”

  2019
 María Solar
  Gusti
  Edicións: 1
 978-971-508-741-4
Filipino
 Maria Luisa P. Young & Michael M. Coroza

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies