A revista Fervenzas Literarias elixe ? "Os nenos da varíola" mellor libro xuvenil de 2017

Os lectores da revista dixital Fervenzas Literarias elixiron por votación os mellores libros do 2017. Entre eles destacan “Os nenos da varíola” de María Solar como mellor libro xuvenil de 2017. A portada do libro, publicado pola editorial Galaxia, tamén foi destacada como a cuarta mellor do pasado ano.

A revista Fervenzas Literarias elixe ?

“Os nenos da varíola” é ademais o libro máis vendido do ano en Galicia e atópase como finalista na súa edición en catalán en dous premios en Cataluña, o Premi de Literatura Protagonista Jove do Consell Català do Llibre Infantil i Xuvenil (ClijCAT) e do premio Menjallibres.