"Teño uns pés perfectos" traducido ao filipino

Os pés perfectos seguen camiñando por distintos países do mundo. O libro, orixinalmente en galego, escrito por María Solar e publicado por Kalandraka, foi xa traducido a castelán, catalán, portugués e agora ve a luz en filipino. A historia de Melchor Sabichón foi no seu día recoñecida na lista anual White Ravens da Biblioteca de Munich como un dos mellores libros infantís do mundo. A próxima lingua que falará Melchor será o chinés cuxos dereitos xa foron vendidos.