2 Abril, 2016 msolar

“TEÑO UNS PÉS PERFECTOS” NA EXPOSICIÓN DA XVI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO CONCELLO DE SANTIAGO.

As ilustracións de Gusti do libro “Teño uns pés perfectos” de María Solar dán a benvida aos nenos e nenas que participan na Galería Sargadelos de Santiago na XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura “Contos para despois da chuvia”.

Esta campaña persegue achegar a lectura e a escritura aos máis pequenos, nun marco agradable e motivador que favoreza a escoita, ademais de poñer en valor as creacións plásticas, literarias e musicais. Tampouco se descoida a importancia da tradición oral como vehículo de transmisión do noso patrimonio cultural. Kalandraka fai ademais 18 anos de vida coincidindo coa celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil no que se abriu ao público a campaña que se estenderá ata o 14 de maio.
“Tengo unos pies perfectos” en la exposición de la XVI Campaña de Animación a la Lectura del Concello de Santiago.