Por primeira vez editores, escritores e libreiros unen os seus premios anuais para buscar xuntos as mellores publicacións do 2015 nas distintas categorías.
Os Premios do Libro Galego xa teñen finalistas. Nos libros infantís e xuvenís os catro finalistas son: “O home que sabía voar” de Xabier López López en Tambre; “Todos os soños” de xabier Estévez en Tambre; “O meu pesadelo favorito” de María Solar en Galaxia; e “Teño uns pés perfectos” de María Solar e Gusti en Kalandraka. Será agora un xurado externo quen decida os gañadores que se darán a coñecer nunha Gala no Teatro Principal de Santiago de Compostela o próximo 14 de maio. Sorte a todos.
Consulta aquí todos os finalistas da I Gala do Libro Galego.