30 Maio, 2016 msolar

“O MEU PESADELO FAVORITO” EN ITALIA E TURQUÍA

María Solar suma dúas novas traducións para “O meu pesadelo favorito”.

O libro que conta con recoñecementos como o Premio Lazarillo, mellor libro infantil na I Gala do Libro Galego, ou a lista White Ravens, entre outros, será editado en breve en Italia coa prestixiosa editorial Giunti e en Turquía coa editorial Erdem Yayinlari. Xa conta con outras dúas traducións desde o seu orixinal en galego, ao castelán, “Mi pesadilla favorita” con Siruela e ao catalán, “El meu malson favorit” con Bromera.