A editorial Kobiece publica o 19 de outubro a tradución ao polaco de “As horas roubadas” (Xerais) de María Solar co título “Skradzione godziny”.
A novela, premio Frei Martín Sarmiento 2017, foi traducida tamén ao castelán por Grijalbocomo “Las horas robadas”. Ambientada na España de 1979, dous anos antes da lei do divorcio, narra a historia de dúas familias por mor da morte do avó Anselmo cun papel na man que di “Dime que me queres”. O segredo que entraña ese papel une ás dúas familias, cuxos membros delatan os seus diferentes momentos persoais e no amor. E sobre todo, a necesidade de mudar.