1 Novembro, 2017 msolar

MARÍA SOLAR E LUIS FRAGA PUBLICAN “¿QUIERES SER PERIODISTA?”

A editorial Siruela publica “¿Quieres ser periodista? Todo lo que tienes que saber… o casi” unha visión ampla e práctica do apaixonante mundo do xornalismo de man de María Solar e Luís Fraga.

Os autores quixeron facer un libro práctico, actual e ameno que conta con anécdotas, reflexións e opinións de expertos en cada área. “¿Quieres ser periodista?” achéganos ás habilidades e coñecementos necesarios para dedicarse a esta profesión, as maneiras de aproximarse a unha noticia, etc. Describe como é o traballo do día a día na prensa, radio, televisión e os medios dixitais, entre outros. Desde os aspectos éticos ata os máis prácticos. É un libro escrito pensando no xornalismo actual e nos cambios que se aveciñan.

A Universidade Complutense de Madrid e a Universidade Nebrija acollerán as dúas primeiras presentacións do libro en Madrid.

María Solar y Luis Fraga publican

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies