21 Xaneiro, 2018 msolar

A REVISTA FERVENZAS LITERARIAS ELIXE “OS NENOS DA VARÍOLA” MELLOR LIBRO XUVENIL DE 2017

Os lectores da revista dixital Fervenzas Literarias elixiron por votación os mellores libros do 2017. Entre eles destacan “Os nenos da varíola” de María Solar como mellor libro xuvenil de 2017. A portada do libro, publicado pola editorial Galaxia, tamén foi destacada como a cuarta mellor do pasado ano.

“Os nenos da varíola” é ademais o libro máis vendido do ano en Galicia e atópase como finalista na súa edición en catalán en dous premios en Cataluña, o Premi de Literatura Protagonista Jove do Consell Català do Llibre Infantil i Xuvenil (ClijCAT) e do premio Menjallibres.
La revista Fervenzas Literarias elige

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies