Tras este ano estraño de pandemia, con moitas citas e viaxes cancelados polas restricións sanitarias, retómase o programa con centros escolares, clubs de lectura e diversas xornadas literarias que xa están en marcha potenciando a fórmula online como opción segura pero sen deixar de aproveitar a presencial cando sexa posible. Varias editoriais e colectivos organizan un calendario de citas online que fan da necesidade virtude, aproveitando as redes para poder chegar a máis lectores e lectoras de todas partes. Este programa complétase coas visitas presenciais que se poidan manter e que nun futuro cercano agardamos incrementar.