A OBRA TEATRAL “OS NENOS DÁ VARÍOLA” PREMIO MARÍA CASARES AO MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL
A adaptación teatral do libro “Os nenos da varíola” de María Solar fíxose co galardón ao mellor espectáculo infantil na gala dos XXV Premios de Teatro María Casares da Asociación de Actores e Actrices de Galicia celebrada no teatro Rosalía de Castro da Coruña. A obra da compañía Pérez & Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego está dirixida por Victoria Pérez e Xosé Leis e protagonizada por Isabel Risco, Manu Fernández, Victoria Pérez e Xosé Leis. Unha peza teatral sobre o texto do libro que recolle con humor, tenrura e rigor histórico a vida dos nenos da casa de expósitos da Coruña en 1803 e conta como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filantrópica da Vacina. Personaxes como Ezequiel, encarnado por Isabel Risco ou Isabel Zendal na pel de Victoria Pérez gañáronse o aplauso do público e dos compañeiros de profesión que premiaron esta obra na súa gala anual.