21 Febreiro, 2023 msolar

A editorial Contraluz publica ‘La Culpa’ en castelán


O próximo 16 de marzo chegará ás librarías ‘La Culpa’, en tapa dura e cunha coidada edición de Editorial Contraluz. A tradución da obra, premiada co Xerais de novela e que contou cunha excelente acollida entre o público en Galicia, foi realizada por Susana G. Ducrós.

Chega así agora a toda España esta historia de dúas mulleres atadas por un crime na que as culpas son omnipresentes. A historia de Marcela e Mirtha Val, aparece na vida de Amanda a través da herdanza dunha descoñecida. O que Amanda descoñece é que con esa fortuna tamén herdará as súas culpas.

Un thriller psicolóxico que se converteu nun dos libros máis vendidos de Galicia.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies