2 Maio, 2023 msolar

Novas sinaturas nas feiras do libro de Galicia e Madrid e cita en Valencia Negra


Trala cita do Sant Jordi en Barcelona abre o calendario de feiras do libro ás que María Solar asistirá en Galicia e Madrid para firmar “A culpa” en galego, castelán e catalán. As primeiras novas citas son en Galicia nas feiras de Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo e A Coruña.

La culpa”, gañadora do premio Xerais de novela 2022, foi publicada pola editorial Xerais en galego e por Contraluz en castelán e catalán.

O sábado 13 de maio la cita será no prestixioso festival “Valencia Negra”, ás 19h acompañada da autora Carme Chaparro nunha conversa sobre “Romper los límites” na que ambas, moderadas por Miguel Coll, debullaran o xeito no que as autoras buscan novas sorpresas rompendo os límites para chegar a uns lectores de thriller cada vez máis acostumados ao inesperado.

A cita na feira de Madrid será na caseta do grupo Anaya o domingo 4 de xuño de 12 a 14h

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies