2 Febreiro, 2024 msolar

“Adeline” chega ás librarías en febreiro


María Solar regresa ás librarías neste mes de febreiro con “Adeline”, finalista do Premio Jules Verne de novela xuvenil. Trátase dunha homenaxe a “Carmilla”, a primeira novela do xénero vampírico, escrita 25 anos antes de Drácula. “Carmilla”, escrita por Joseph Sheridan Le Fanu, foi un fito na novela gótica de terror. Unha novela valente e atrevida protagonizada por unha vampira adolescente que seduce a outra rapaza da súa idade.

María Solar crea agora a “Adeline”, situando na actualidade, entre Madrid e Verín, e afondando en temas como a saúde mental, o amor, ou hipocrisía social, sen perder a aventura, propia do universo vampírico.

A novela verá a luz en tres idiomas neste mes de febreiro: o orixinal galego coa editorial Xerais, a tradución ao castelán con Anaya e ao catalán con Bromera.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies