A libraría Vigo de Papel acolleu o 25 de marzo a presentación de “As malas ideas” enchendo ata a bandeira. María Solar estivo acompañada polo Director Xeral de Xerais Fran Alonso e pola actriz Mariana Carballal quen puxo voz a un anaco de lectura.
Ao día seguinte, o 26 de marzo, o libro chegou á libraría Lume da Coruña, nunha presentación que foi toda unha homenaxe ao sector audiovisual, presente na trama da novela. Alí a autora estivo acompañada pola produtora Emma Lustres e o actor e produtor, Xosé Antonio Touriñán. De novo o público encheu o local nunha tarde divertida de celebración da literatura.
