22 Xullo, 2026 msolar

“A CULPA” CHEGA AO TEATRO EN COPRODUCIÓN DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO


A novela de María Solar “A culpa”, será levada ao teatro en 2026. O Centro dramático Galego deu hoxe a coñecer a súa nova programación onde se encadra esta coprodución xunto con Estudo Momento. A novela contará coa adaptación de Xoan Carlos Mejuto.

A estrea está prevista para novembro de 2026 no teatro Jofre de Ferrol para despois iniciar unha xira por toda Galicia.

María Solar xa fora adaptada ao teatro con anterioridade con “Os nenos da varíola”. Con esta obra a compañía Pérez&Fernández gañou o premio María Casares a mellor espectáculo infantil (2021) e o premio Luisa Villalta de igualdade.

A adaptación ao teatro de “A culpa” é, sen dúbida, unha noticia aplaudida polos numerosos lectores da novela que foi gañadora do premio Xerais de novela 2022.