A Compañía Estudo Momento, O Centro Dramático Galego e a Orquestra Sinfónica de Galicia presentaron en rolda de prensa no Palacio da Ópera da Coruña a súa colaboración para a próxima posta en escena da adaptación teatral de “A Culpa”. A obra, adaptada por Xoan Carlos Mejuto, estrearase en Ferrol o próximo 7 de novembro para iniciar despois unha xira por Galicia que se desenvolverá no 2027.
A música, con base arxentina de tangos, foi composta polo violinista e compositor uruguaio da OSG, Gabriel Bussi. A obra contará con dúas versións, unha con música en directo de un grupo de cámara da OSG, ou ben coa BSO gravada por 35 músicos da OSG.
Xoan Carlos Mejuto e Iria Ares da Compañía Estudo Momento darán vida aos personaxes principais da obra nun reto escénico que verá a luz proximamente.
