Elías é un afamado director de producción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada, cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Merceditas, unha rabuda octoxenaria; a Irene, unha atractiva e enigmática veciña; a Ana, unha muller migrante sen papeis, e aos membros furiosos dunha rondalla que o perseguen. Todo se converte nun delirio, mentres o seu mundo laboral e persoal cae no caos. E Merceditas, parece ter as claves de todo.
Unha novela de personaxes rotundos que transita entre o drama e o humor para reflexionar sobre o éxito, e o que permanece, nunha sociedade adanista. Unha historia sobre o caos e a orde, onde volver a empezar é unha ley da natureza.
“Una historia muy divertida”
“María Solar é capaz de crear un universo que, aparte de facernos pasar un bo anaco, faranos pensar moito”
“As malas ideas ” é unha novela comercial pero, ao mesmo tempo, como sucedía coa boa literatura do século XIX, axúdanos a alumear o mundo social do que formamos parte.
“Unha novela potente e necesaria”
- Recomendación de Benjamín Prado a Carles Francino en La ventana de los libros, programa La ventana, SER. 09/03/26
- Entrevista de Kiko Novoa Galicia por Diante de Radio Galega. 12/03/26
- Entrevista de Carlos Crespo. Suplemento cultural Fugas de La Voz de Galicia. 12/03/26
- Entrevista programa O termómetro TVG. 13/03/26
- Entrevista de Almudena de Urzáiz. Informativo Bos días TVG. 16/03/26
- Entrevista Nós TV
- Artigo de Iago Fernández no Faro da Cultura de Faro de Vigo 27/03/2026
- Recomendación en O faiado dos libros cadena SER Ourense
AS MALAS IDEAS
2026
María Solar
Ediciones: 1
979-13-87810-39-9
Castellano
Tradutora María Solar

