Novidade en marzo de 2026

 

Elías é un afamado director de producción de series, cuxa traxectoria se ve  repentinamente desprestixiada, cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver  á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Merceditas, unha rabuda octoxenaria; a Irene, unha atractiva e enigmática veciña; a Ana, unha muller migrante sen papeis, e aos membros furiosos dunha rondalla que o perseguen. Todo se converte nun delirio, mentres o seu mundo laboral e persoal cae no caos. E Merceditas, parece ter as claves de todo.

Unha novela de personaxes rotundos que transita entre o drama e o humor para reflexionar sobre o éxito, e o que permanece, nunha sociedade adanista. Unha historia sobre o caos e a orde, onde volver a empezar é unha ley da natureza.

“Una historia muy divertida”

Benjamín Prado, La ventana, SER

“María Solar é capaz de crear un universo que, aparte de facernos pasar un bo anaco, faranos pensar moito”

Tensi Gesteira, Lecturafilia

“As malas ideas ” é unha novela comercial pero, ao mesmo tempo, como sucedía coa boa literatura do século XIX, axúdanos a alumear o mundo social do que formamos parte.

Iago Fernández, O faro da cultura, Faro de Vigo

“Una historia feroz y lúcida sobre el conflicto generacional que marca nuestro tiempo”

Revistaliterariaelgatonegro.com

“Unha novela que flue coma un río que nos arrastra, engancha, lese dun tirón e ao tempo que nos debuxa sorrisos, deixanos un pouso amargo. Contrastes de reflexión e entretemento. É unha novela fantástica”

Malores Villanueva, Radio Galega
XERAIS
AS MALAS IDEAS

  2026
 María Solar
  Ediciones: 2
978-84-1110-791-4
978-84-1110-792-1
Galego

CONTRALUZ
LAS MALAS IDEAS

  2026
 María Solar
  Ediciones: 1
979-13-87810-39-9
979-1387810405
Castelán
Tradutora María Solar