LANZAMENTO O PROXIMO 10 DE SETEMBRO

 

A bata do laboratorio de Madame Curie, o traxe de Napoleón e ata o da momia de Lenin foron cosidos pola mesma familia de xastres. Unha estirpe orixinada hai seiscientos anos nunha pequena xastrería da rúa Pitelos, e que despois, se espallou polo mundo. Pero cada vez os xastres teñen menos clientes, e o peor, é que só queda unha nena na familia, Aldara, e non quere coser!

Aldara debe salvar o oficio familiar, e por iso, terá que viaxar a coñecer aos xastres do mundo que queren convencela para que cosa, dunha vez! En cada país irá aprendendo algo sobre o oficio, a cultura da moda e a importancia das cousas ben feitas.

Un libro que nos fala dos oficios artesanais e da sabedoría das familias, do exceso de consumismo e da vida respetuosa coa natureza. Unha aventura divertida e entrañable sobre a identidade, a valentía e o valor do artesanal. Porque tradición e modernidade poden convivir.

XERAIS
A ÚLTIMA XASTRA

  2026
 María Solar

  Xiana Teimoi
  Ediciones: 1
978-84-1110-852-2
978-84-1110-868-3
Galego