"María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo."
As meigas de Lupa naceron como un libro e despois medraron cara unha BSO creada polo compositor David Alonso Garzón que se pode atopar en CD na segunda edición do libro e que foi finalista dos prestixiosos premios Jerry Gold Smith. Máis tarde xurdiu o Booktrailer da obra creado por La Cosa Gráfica a través dunha novidosa técnica que mestura pop ups con sombras chinescas e actores reais, 20 actores do grupo Achádego de Lugo que participaron nesta produción.
AS MEIGAS DE LUPA -BOOKTRAILER (GAL)
A novela, alén de facer converxer con intelixencia, ou talvez derivar, acontecementos distanciados vinte séculos, está redactada nun rexistro áxil, primando a comunicación directa co lectorado que se ha sentir ben a gusto asistindo ao devalar e resolución final dunha historia con moitas doses aventureiras -feitizos, persecucións, secuestros, espazos máxicos…-, sen descoidar o pouso dunha información histórica e contextualizadora que nunca está de máis.
“Fiel ao feliz casoiro que en todos os seus textos se produce entre un natural afán didáctico —a súa formación como mestra e bióloga fana camiñar por ese vieiro— e unha animosa e rebordante pulsión imaxinativa —que non desapide de mil e unha marabillas e feitos sorprendentes—”
- Entrevista no Eirado da TVG
- Reportaxe no programa A revista da TVG
- Crítica de Ramón Nicolás no Caderno da Crítica
- Crítica de Armando Requeixo en Criticalia
- Entrevista no blog de Arantxa Serantes / El Correo Gallego
- Video da presentación en Vigo de As meigas de Lupa con Fran Alonso e a rapeira Aid
- A BSO das Meigas de Lupa do Compositor David Alonso Garzón, finalista dos Premios Jerry Gold Smith
- Entrevista sobre a 2ª edición con banda sonora en “A tarde” da Radio Galega
- Reportaxe na TVG sobre “As meigas de Lupa” e a súa BSO
- Reseña de “Las Brujas de la Reina Lupa” en Un abrazo lector
“AS MEIGAS DE LUPA”
2012 María Solar
Edicións: 13 978-84-9914-375-0
978-84-9914-545-7 (ePub)
Galego .
EDITORIAL ANAYA
“LAS BRUJAS DE LA REINA LUPA”
2016 María Solar
Xavier Bonet
Edicións: 1
978-84-698-1016-3
Español
María Jesús Fernández