3 Marzo, 2019 msolar

‘QUOKKA MOKA’ CHEGA ÁS LIBRARÍAS O 7 DE MARZO

A nova novela infantil de María Solar verá a luz o próximo 7 de marzo. Unha historia divertida, na que o humor non está rifado coa reflexión. Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Quokka Moka, a protagonista, sorrí como todas as quokkas pero é realmente insoportable.

Un día, sen querer, extermina á súa especie. Só sobreviven ela e a súa riseira avoa, e xuntas vense obrigadas a viaxar an Antiuniverso, acompañadas do espírito do sapo Roco, en procura dos quokkos para tentar recuperar a súa especie. Unha divertida aventura vivida entre o mundo do dereito e o mundo do revés. Diálogos divertidos, unha explosión de fantasía que nos leva a reflexionar sobre o respecto aos demais.

Como noutras das súas novelas María utiliza de novo seres singulares pero que existen na natureza como os riseiros quokkas, ou os wombats, outros marsupiales coa singularidade de facer a caca cadrada.

Un libro para ler, rir, gozar e pensar recomendado de 8 a 99 anos. Quokka Moka nace xa con varias traducións, en setembro Anaya editarao en catelán e no outono Animallibres en catalán.

'Quokka Moka' llega a las librerías el 7 de marzo

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies