22 Xaneiro, 2022 msolar

MARIA SOLAR PARTICIPA NO LIBRO HOMENAXE A XAQUIN MARIN “QUE TEMPOS!”


Xaquín Marín é un dos grandes viñetistas galegos de todos os tempos. A Editorial Embora reune en “Que tempos!” un conxunto dos seus debuxos publicados na revista “Tempos Novos”. Unha escolma que conta coa colaboración de diversos autores ben coñecidos como María Solar, Eva Veiga, Francisco Castro etc. que nos introducen na obra de Xaquín Marín desde o formal e o emocional. Unha escolma atemporal que retrata a realidade galega e define o xeito que ten o debuxante de estar no mundo. Unha obra gráfica monumental repleta de intelixencia, humor e amor.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies